Novo depósito de auga para mellorar o servizo en Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo

CAMBRE_DEPOSITO_SARRO (1) (1)

Alternativa leva reclamando á Emalcsa e á Xunta desde hai máis de 5 anos a necesidade de construír un novo depósito de auga en Sarro, en San Pedro de Nós, que permitiría mellorar o servizo de abastecemento no concello de Cambre, e tamén en menor medida en Oleiros – onde xa existen 11 depósitos por todo o municipio-, e indirectamente nos concellos de Bergondo e Sada. As obras, duns 8 millóns de euros, serían sufragadas por Emalcsa, a Xunta de Galicia, a Deputación e os concellos, nunha parte menor.

O solo necesario para esta nova instalación foi cedido gratuitamente polo Concello de Oleiros en outubro de 2017.

Novas relacionadas