1

A mocidade de Oleiros terá á súa disposición dous centros de lecer, que abrirán despois do verán

O Concello de Oleiros sacou a contratación o servizo de información e dinamización xuvenil para os dous centros de lecer do municipio. O investimento será de 210.000 euros para dous anos e inclúe actividades, equipamentos e monitorado para estes dous espazos.

Con este novo servizo, o Concello de Oleiros pretende ofrecer unha alternativa de ocio para os mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Estas instalacións foron remodeladas por completo e deberían estar abertas e en funcionamento a partir do mes de setembro.

Novas relacionadas