[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Fábrica acolle unha mesa redonda sobre feminismo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Con motivo do día da muller, o Concello de Oleiros organiza a véspera do 8-M unha mesa redonda para falar sobre feminismo e os cambios e mobilizacións que se están a producir na sociedade. O xoves 7 de marzo, ás 20:00 horas, o auditorio da Fábrica acollerá a charla coloquio “Por un feminismo cotiá. Conversas entre feministas conscientes”.
Neste encontro participarán profesionais de distintos ámbitos, conscientes da súa situación como mulleres no mundo que as rodea e da súa loita polo feminismo e a igualdade de dereitos, tanto na súa vida laboral como persoal. Intervirán Ana Pérez Romero -periodista da TVG, feminista consciente co obxectivo de dignificar os médicos de comunicación públicos-, Sara Vierna Fernández -educadora, especialista en xénero, redes sociais e adolescencia, unha das Almas Meraki-, Tiffany López Gante -arquitecta e educadora artística con perspectiva de xénero e interracial que desenvolveu en distintos proxectos por Canadá, a India e Guinea e que forma parte do Colectivo Afrogalegas- e Mela Rey Naveira -traballadora social, feminista inqueda e cotiá-. A mesa estará moderada por Sabela Ramos Candedo, xestora cultural, directora da Escola de Teatro de Oleiros e membro do Consello da Mocidade de Oleiros.
Nesta mesa redonda abordarase o concepto do feminismo e como o sinte cada unha das mulleres participantes, relatando as súas propias experiencias tanto no plano persoal como no profesional. Tamén vai analizarse, un ano despois, o que supuxo o 8-M do 2018, os cambios que se percibiron na sociedade, no pensamento da xente, nas actitudes e comentarios na vida social e nos distintos ámbitos laborais de cada unha das conversadoras.
Posteriormente abrirase un espazo de diálogo coas persoas que acudan ao acto con fin de facilitar a participación e a expresión de quen acuda.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]