O interventor de Cambre informa negativamente 83.000 € de facturas presentadas polo Goberno
Alternativa votou en contra de aprobar facturas informadas negativamente polo interventor que suman un total de 83.067,66 euros. O interventor considera no seu informe que o procedemento de contratación non é adecuado.
O pleno ordinario de onte, o primeiro despois de tres meses, caracterizouse polas presas e as escusas do equipo de goberno. E un carácter electoralista entre os grupos que se presentan as vindeiras eleccións autonómicas.
Alternativa votou a favor para que o Colexio de San Bartolomeu tamén teña servizo municipal de conciliación familiar “Mañanceiro”. E instou á renovación e mellora deste programa cunha natureza mais inclusiva para a participación das persoas con diversidade funcional. Tamén fixo eco do empeoramento das condicións das traballadoras nos últimos anos.
Alternativa deu o seu apoio para a modificación das axudas de inserción socio-familiar que permitirá o acceso a mais veciños e veciñas, así como as subvencións a entidades sociais.