Sobre Nós
Alternativa dos Veciños é un grupo político independente nacido do movemento veciñal de Oleiros. Somos un grupo singular e distinto. As decisións principais, así como os procesos de elaboración das listas electorais, determínanse a través de asembleas e procesos democráticos abertos a toda a cidadanía.
Non temos carnés nin cotas de afiliación; non estamos supeditados a ningún ideario político encasillado no espectro político actual. Somos abertos, respectuosos co ideario político de cada quen, pero iso sí: somos profundamente progresistas e defensores do ser humano, e consideramos que os dereitos humanos non teñen fronteiras nin muros, nin teñen por que ter voces que se autoelixen xuíces que deciden quen ten dereito a comer, e quen non; quen ten dereito a vivir, e quen non; que pobo pode ser soberano e que pobo ten que vivir sometido ós grandes poderes que destrúen o mundo.
Desde o ano 1979 gobernamos o Concello de Oleiros cunha política honesta e eficiente que permite que os veciños do municipio gocen dos maiores niveis de benestar e servizos públicos de toda Galicia. Tamén gobernamos desde 2019 o Concello de Carral, cogobernamos nos municipios de Bergondo e Sada e estamos presentes nos concellos de Cambre, Culleredo e Arteixo. Ademais contamos cun deputado na Deputación da Coruña, onde malia non gobernar estamos a mudar moitas das políticas que se levaban a cabo ata a nosa chegada.
A través dunha xestión política seria e rigorosa, baseada nunha ideoloxía clara, Alternativa dos Veciños converteu Oleiros nun municipio cuns niveis de benestar moi elevados. O Concello conta con numerosos equipamentos e instalacións deportivas, culturais e sociais; milleiros de metros cadrados de zonas verdes, parques, paseos marítimos e espazos públicos de todo tipo; o urbanismo desenvolvido tamén destaca pola súa sustentabilidade e o seu respecto polo medio ambiente; e o sistema de prestacións sociais garante a igualdade de todas as persoas e a atención a maiores e dependentes.
Organigrama

Formada polos simpatizantes de cada localidade, reúnese varias veces ao ano para abordar as inquedezanas, necesidades e problemas da zona. Igualmente elixe a un membro que o representa na comsiión executiva e ten capacidade para convocar asembleas locais

Asembleas informativas abertas a todos os veciños da localidade




Aberta á participación de calquera cidadán, decide as cuestións máis relevantes do grupo, previa convocatoria da Comisión executiva.
Cargos Públicos












