Grazas á xestión da Alternativa, Cangas poderá recuperar a Alameda Vella e a contorna do Mercado

Os traballos realizados por Alternativa para recuperar espazos do noso concello van dando os seus froitos, como recuperar unha zona tan especial

No mes de agosto o Grupo Municipal da Alternativa enterouse de que no borrador da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) competencia de Autoridade Portuaria de Vigo, contemplaba desafectar 45.000 m2 da zona do Salgueirón desde o Muelle de Massó (antiga conserveira) ao Cabo Balea (Punta Borneira ou Muellle da Congorza), xestión que realizara Alternativa.

Hoxe temos a  satisfacción de saber que dentro do borrador da reversión de terreros declarados de innecesariedade para a actividade Portuaria no que está a traballar Portos de Galicia, atópase contemplada a desafectación da alameda vella de Cangas e a contorna do mercado de abastos, tal e como lle demos traslado a Portos no ano 2022 pola alcaldesa de aquel momento, Victoria Portas.

Na petición realizada polo Goberno de aquel momento se insistiu na necesidade municipal para recuperar esta zona para poder levar a cabo o un proxecto de dinaminación do noso comercio local e a recuperación do noso casco antigo.

Así rezaba en aquel momento o noso proxecto “Durante os últimos dous anos traballamos nun novo modelo de cidade para Cangas que pasa por unha transformación urbanística que gañe espazos públicos para os peóns e que aposte decididamente polo comercio local, creando as condicións para que sexa o eixo vertebrador da vida na vila.

Dentro dese concepto cobra unha especial importancia a praza de abastos, que funcionará como fío conductor entre o comercio local e a zona de venta directa de producto fresco. Para concretar este concepto traballamos en tres proxectos complementarios: a reforma integral do edificio do mercado de abastos, a reordenación de todo o espazo exterior e a peonización das rúas Eduardo Vicente e a Avenida de Montero Ríos”.

Que ainda que estamos esperanzados tras o paso que deu Portos de Galicia, Alternativa  non esquece que Cangas para poder ir recuperando o seu patrimonio ten que realizar moito traballo administrativo, que casi nunca é recoñecido eleitoralmente, pero que se fai imprescindible e moi prolongado no tempo, para poder conseguir recuperar espazos como Rodeira, Ojea, Alameda Nova, Alameda Vella, contorna do Mercado de Abastos, Salgueirón, Alameda de Aldán, Paseo da Praia de Vilariño…

Se ben este  primer recoñecemento do ámbito é importantísimo, somos conscientes que ante o mesmo punto xa levamos anos atopándonos, xa que o Concello de Cangas solicitou a desafectación do ámbito de Portos en Cangas nun acordo plenario do ano 2015, solicitando todo o ambito de portos,  e que dita petición foi reiterada no ano 2018, ésta última rexeitada de oficio por Portos. 

E que novamente , ao igual que hoxe, Portos no 2021 fixo público a súa intención de declarar a inecesariedade de diferentes terreos en diferentes concellos, á que novamente nos adherimos e que reiteramos no ano 2022 nunha reunión coa directora de Portos de aquel momento.

Hoxe novamente fai pública o acordo coa FEGAMP de mostrar as zonas que está a barallar como innecesarias e a reinversión aos concellos, pero non podemos esquecer que Cangas leva 9 anos reiterando a súa petición sin conseguir unha resolución afirmativa ao respecto, para un ámbito de todo claro de innecesariedade.

Igualmente queremos ser positivias e pensar que o procedemento administrativo que se abriu hai 9 anos por Alternativa e coas diferentes reiteración da o seu froito e vai por bo camiño para que así Cangas poida recuperar ese ámbito tan significativo para o noso pobo, e solicitamos ao novo goberno  que non deixe pasar ningún prazo nin as posibilidades de reiterar todas as peticións de desafectacións existentes para que en ningún momento ningunha administración as poida declarar prescritas. 

Comparte esta nova!