Éxito da Cea Fría de Lorbé, con máis de 200 participantes

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A segunda cea fría de campaña de Alternativa dos Veciños, na casa do pobo de Lorbé, congregou a un gran número de persoas. Alternativa presentou as propostas máis importantes do partido para a vindeira lexislatura. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Diante de máis de 200 persoas, Alternativa dos Veciños celebrou a súa segunda cea fría desta campaña electoral, na Casa do Pobo de Lorbé. José Manuel García, representante na executiva do partido da Comisión Parroquial, presentou a lista electoral. Tamén interviron os candidatos Igor Pérez e Rosa Méndez.

Posteriormente falou o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane. O alcalde de Oleiros prometeu que o seu partido “loitará ata o final” porque se remate a obra da Vía Ártabra, que calificou de clave para o futuro de Lorbé. Ademais, comentou que sempre terá un bo recordo desta parroquia por ser un lugar “onde sempre se fixo un traballo moi importante para o ben do Concello de Oleiros”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!