O ventaxismo político ten poucos límites. Se o PP desde a Xunta leva meses “preparando” as eleccións desde o DOG, con diñeiro a mansalva para distintas actividades e sectores, o PSOE desde a Deputación puxo en marcha unha campaña na que xoga con medias verdades, coma se a cidadanía fose boba.
Organizou nada menos que un mailing directo ás casas no que se atribúen obras públicas planificadas, decididas e xestionadas polos concellos. Pero incluso se atreven a dicir alegremente que “axudamos a que o teu concello poda soster servizos públicos básicos como o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria, achegando fondos para pagar moitas desas facturas e incluso as nóminas de empregados municipais”, arrogándose un inexplicable paternalismo sobre os municipios.
Algunhas partidas de investimentos en Oleiros tiveron, teñen e terán fondos provinciais, porque así é a arquitectura financieira da Administración Pública no noso país.
Pero é diñeiro administrado pola Deputación que corresponde ao municipio, a cada concello… e o municipio fai con ese diñeiro o que considera importante en cada momento, un proceso no que a Deputación non decide nada.
Do que realmente poderían facer non poden presumir
Resulta curioso que na publicidade institucional non fagan referencia algunha ao viario provincial, ese que sí manexa directamente a Deputación. Vías públicas que sí teñen un amplo marxe de mellora, pero que ahí están, se acaso con pequenos axustes de asfaltado, pero moi lonxe das posibilidades de humanización ou mellora da seguridade viaria que merecerían.
A Deputación é unha entidade local básicamente administrativa, que ten como misión cohesionar territorialmente a provincia, polo que a importancia da súa rede viaria é moi relevante para moitísimos núcleos de poboación dispersos.
Outra parte dos seus orzamentos van directamente aos municipios en función dalgunhas variables como a poboación, o territorio, etc. Ahí, a corporación provincial só ten unha función de mero trámite, pois recibe o diñeiro do Estado para traspasalo directamente aos concellos para que estes o invistan nas obras públicas que consideren máis relevantes.