Cultura de participar, non só de mirar

Máis de 900 persoas forman parte do alumnado das escolas de arte municipais, que estes días puxeron música e danza ao nadal

Estes dias as escolas de música e danza do Concello de Oleiros celebraron diversas actividades e actuacións no auditorio García Marquez, en Mera. O fomento da cultura de base, da cultura participada, convirte en protagonistas ás veciñas e veciños. Así, as persoas non se convirten en simples espectadores: forman parte activa dos esepctáculos.

A Big Band, as orquestras de corda, a banda municipal, a agrupacións de danza clásica e danzas urbanas, as formacións corais: unha morea de artistas deleitaron a todos os asistentes que esgotaron todos os días o aforo do auditorio, que ten máis de 400 asentos. 

Diversas obras musicais, pezas clásicas de ballet, modernas, urbanas, desplazaban as mentes dos asistentes por Grecia, por Viena, por Europa, por América… Un amplio elenco de artistas tocaron e danzaron sen complexo algún, emulando grandes artistas. 

Máis de 900 estudantes fórmanse nas artes escénicas, entre as que que tamén incluímos a escola de teatro. A actuación dos artistas oleirenses foi o mellor agasallo de nadal para os veciños que puidemos aprecer a súa arte.

Oleiros síntese orgulloso das súas escolas artísticas, agradece a súa dedicación e comparte con elas os mellores desexos para unhas festas venturosas e un 2026 cheo de boas novas, que tal como está o mundo, ben nos virán a todas e todos.

Comparte esta nova!