Culleredo rexeita a planta de biogás

A corporación municipal de Culleredo manifesta cunha declaración insitucional o seu claro rexeitamento coa planta, en respaldo á veciñanza afectada.

O texto recolle un posicionamento claro en contra do proxecto da planta de biogas en Soandres e tamén e inclúe o compromiso de instar á Xunta de Galiza a refrear a súa tramitación, na medida posible.

Así mesmo, a declaración institucional propón á elaboración dunha normativa reguladora específica para este tipo de instalacións e insta ao avaliara posible tramitación administrativa en tanto non se dispoña dese marco regulador.

Tamén se solicita a través da mesma que non se declare como proxecto de interese estratéxico, nin ningun outro mecanismo que permitan acelerar procedementos administrativos.

A veciñanza trasladou a súa preocupación polos impactos desta infraestructura de 95.070 m², nas proximidades do río Anllóns, consumindo anualmente 1,5 millóns de litros de auga, extraídos dun

regato principal do mesmo e a menos de 300 metros de núcleos de poboación.

Segundo os datos expostos, trataría 65 mil toneladas anuais de residuos, xerando importantes cantidades de efluentes líquidos e dixestato sólido.

Tamén se cuestiona o retorno económico, que prevé a creación de so 10 empregos directos, en claro contraste co seu alto impacto ambiental, paisaxístico, hídrico e social.

Alternativa destaca o apoio insitucional, sinalando que continuará apoiando ás persoas afectadas e realizará un seguimento do procedemento, informando dos seus avances.

Comparte esta nova!