A construción de beirarrúas na Ferrala comezará en abril

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O mes que vén comezan as obras de mellora da seguridade peonil na Avenida de Venezuela

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Despois de moitos meses de traballo na Deputación, esta semana rematou o proceso de contratación das obras de mellora de seguridade peonil na estrada DP-5811 coa sinatura do contrato por valor de 189.574,56 euros. Agora está previsto que en abril comecen as obras na Avenida de Venezuela.

A empresa adxudicataria conta con cinco meses para a execución das obras, que consistirán na construción dunha plataforma peonil de 1,50 metros de ancho para unir os tramos de senda xa existentes nesta estrada. Os novos tramos da beirarrúa irán pola marxe esquerda no primeiro quilómetro e pola dereita no segundo.

A execución realizarase nunha marxe da vía de cada vez, polo que se manterá o servizo de ambos carrís da estrada en todo momento.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=”26976″ img_size=”1280×720″ alignment=”center” onclick=”custom_link” img_link_target=”_blank” link=”https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/fb3acfb5-4002-4daf-b333-7fd15100cdd2/DOC20181218130327PROYECTO.pdf?MOD=AJPERES”][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!