Concentración diante dos Concellos contra a Lei Montoro: “Os remanentes son dos concellos”
Ás 12.00h convocouse unha concentración diante de todos os Concellos da Provincia contra a denominada Lei Montoro.
A convocatoria foi aprobada no Pleno da Deputación Provincial da Coruña tras unha moción presentada por Alternativa dos Veciños.
As concelleiras e concelleiros, así como representantes de Alternativa dos Veciños en toda a comarca, concentráronse diante dos seus respectivos concellos esixindo liberdade de uso dos remanentes municipais.