inauguración (3)bb

O concello permite á promotora o incumprimento do convenio urbanístico dos terreos da Casa da Cultura

Alternativa dos Veciños parécenlle escandalosas as declaracións do alcalde de Cambre no acto de inauguración da nova biblioteca situada na futura Casa da Cultura.

É lamentable que por parte do alcalde se solicite apoio á Deputación para urbanizar as parcelas da nova biblioteca coa dotación dunha rotonda, o que sería totalmente ilegal e mesmo podería incorrer nun delito de malversación de fondos públicos.

O alcalde ten a obriga de requirir á promotora que urbanice de inmediato a parcela, xa que así consta no convenio.

O edificio atopase na parcela incluída na actuación urbanística PERI da UE-4 e non se podería chegar a construír sen facer as obras de urbanización de todo o ámbito, constando así no convenio urbanístico cos promotores da urbanización e propietarios do ámbito.

O documento recolle a obriga de urbanizar o conxunto dos terreos e depositar un aval por un importe de 529.872 euros por parte da promotora para a execución da urbanización.

Novas relacionadas