av

O Concello de Oleiros defende aos veciños de Montrove e O Seixo afectados pola pegada sonora do aeroporto

O Concello de Oleiros presentará un recurso xeral contra a pegada sonora que recolle o conxunto de vivendas e solares afectados, nas zonas do Seixo e Montrove. Esta actuación municipal non impide que calquera persoa propietaria afectada a nivel individual tamén presente o seu correspondente recurso antes do 24 de decembro ante a Dirección Xeral de aviación civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana.

“Desde o primeiro momento, desde o Concello de Oleiros puxemos aos técnicos municipais a analizar os prexuízos que está pegada causa no municipio e imos presentar unha alegación xeral, na que recollemos todas as zonas urbanas de Oleiros afectadas. A maiores, os veciños que queiran alegar a título individual poden vir á Casa do Concello que os asesoramos e lles facemos a alegación, para que poidan reclamar indemnizacións e que se lles permita construír en solo urbano”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas