O Concello demandará á Xunta o incremento do profesorado de apoio nos centros de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello demandará á Xunta o incremento do profesorado de apoio nos centros de Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Varios centros de ensino público do Concello de Oleiros iniciaron o curso carentes do persoal de apoio preciso para que os estudantes teñan unha atención axeitada. Nas próximas semanas o alcalde, Ángel García Seoane, vai manter un encontro coa Consellería de Educación no que solicitará a emenda desta situación, que en moitas aulas impide un desenvolvemento axeitado.

No IES María Casares contan con dous profesores de Pedagoxía Terapéutica e unha coidadora pero resultan insuficientes para atender a todos os alumnos e alumnas, xa que hai varios casos de dependencia grave que precisan practicamente dunha persoa en exclusiva para atendelos. No caso do CEIP Valle Inclán precisan profesionais en Audición e Linguaxe pois o persoal de Pedagoxía Terapéutica co que conta non é o axeitado para as necesidades especiais dalgúns dos nenos e nenas do colexio. No CEIP Isidro Parga Pondal falta un profesor ou profesora que imparta a materia de Arts en inglés, tal e como resulta preceptivo para manter a consideración de centro plurilingüe.

Na reunión con Educación, que está solicitada desde o pasado mes de xullo, o alcalde tamén pedirá información sobre a obra do comedor do CEIP Valle Inclán e os motivos do retraso desta actuación, que contaba con todos os permisos para poder ser iniciada no mes de xuño. Incomprensiblemente, a Consellería si realizou unha obra no colexio Parga Pondal, sen autorización municipal e eliminando as gradas da pista polideportiva, para crear unha nova biblioteca cando a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro se atopa pegada ao colexio e conta cun acceso directo desde o centro de ensino.

O Goberno municipal, como fixo sempre, apoiará as posibles mobilizacións e demandas das ANPA en defensa dun ensino público de calidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!