Concello de Cangas: stop á participación veciñal

Moitos organismos participativos foron paralizados por este goberno municipal

Alternativa, a través da súa portavoz, Victoria Portas Mariño, presentou unha moción sobre a recuperación dos procesos e mecanismos de participación no Concello de Cangas, que levan tempo sen convocarse.

Na moción faise referencia a unha serie de fórmulas participativas existentes, como as mesas locais de comercio derivadas da Lei de comercio interior de Galicia, os consellos escolar, o de igualdade e o de saúde, o Observatorio Municipal da Infancia, o Consello Municipal de Deportes, o sectorial de urbanismo, o da mobilidade sostible, a Mesa Local de Turismo e o Consello Sectorial de Medio Ambiente. Todos eles contan coa cobertura do Regulamento Municipal de Participación Veciñal aprobado en 1995.

Todos este órganos foron aprobados en sesión Plenaria, e donde a maioría indicanqe as túas convocatorias serán trimestrais ou en algún caso semestral , periodicidade que foi acordado por todos os membros da corporación municipal e asumido por todos os membros de todas as mesas e consellos.

Nos últimos 15 anos con estas mesas e consellos conseguiuse a participación de máis de 50 colectivos e máis 100 persoas interesadas e involucradas de forma directa, decenas de reunións, máis de 50 proxectos nados de esa participación cidadá, foron peza fundamental na creación dos orzamentos participativos de 2022, que non foron aprobados en pleno.

E a partida orzamentaria coa que se conta nos orzamentos para este propósito xerou unha nova web con maior información , as video actas dos plenos para que a veciñanza poida seguir os plenos cando teña disponibilidade e incluso axudas económicas a asociacións para levar a cabo cursos e programas para persoas maiores, crianzas, medioambientais, axudas a actividades de participación entre asociacións e colectivos de diferentes fins sociais para crear dinámicas dentro do noso pobo…

A aprobación dos regulamentos municipais supuxo a apertura a un novo modelo de relación entre cidadáns e a institución pública facéndoos partícipes das decisións que nela se toman.

Pola contra, o actual Goberno de cangas, constituído por mor das eleccións locais de maio de 2023 e xa con un ano de mandato, non estableceu ninguna línea de actuación na área de participación, a maioria dos membros do seu goberno votaron en contra dos Orzamentos Participativos de 2022, non se marcou a liña de actuación dos fondos existentes no orzamento prorrogado que no ano 2023 non se utilizaron , polo que deixaron sen cursos de participación á veciñanza.

Aínda non convocou os Plenarios dos Consellos Sectoriais nin Mesas, xa que algún dos convocados son nulos polo incorrecta convocatoria ou non cumplir o quorum…

É dicir, o actual Goberno de Cangas non é que non fixese o que di a normativa e o aprobado por unanimidade por este mesmo Pleno, é que está a facer xustamente o contrario. En lugar de impulsar, ou polo menos manter a participación conseguida, está a entorpecela, en lugar de promover novas e mellores ferramentas e mecanismos de participación están a eliminar os que xa había, en lugar de manter e/o fomentar a colaboración cidadá están a enterrala.

En definitiva, está a actuar en contra do que di a Constitución Española, a lei de Transparencia e os Regulamentos municipais.

Comparte esta nova!