[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello creará unha zona verde de recreo para o Colexio A Rabadeira de 5.000 metros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Atendendo ás peticións da Dirección do centro, o Goberno municipal está a elaborar un proxecto para mellorar e ampliar as zonas de patio do Colexio A Rabadeira. Ademais de realizar unha importante transformación do actual patio coa instalación de diversos elementos para o lecer do alumnado, o Concello creará unha zona verde de 5.000 metros para uso exclusivo do colexio nos terreos de propiedade municipal que se atopan entre o pavillón e a circunvalación de Oleiros.
“A Dirección do Colexio da Rabadeira veu ao Concello a traer unha proposta interesantísima para mellorar o contorno do centro. O colexio ten a día de hoxe o mellor pavillón municipal, que reformamos recentemente e que quedou moi ben, pero ten un patio con moito cemento e asfalto. Para contribuír a esa mellora, desde o Concello o que imos facer é crear unha zona verde duns 5.000 metros destinada exclusivamente para o colexio. A nosa intención é iniciar as obras unha vez finalice o presente curso escolar”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]