Comezan as obras do dragado da ría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Comezan as obras do dragado da ría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, asistiu ao acto oficial de inicio das obras de dragado da ría da Pasaxe. Esta importante obra de 32,2 millóns permitirá a recuperación da ría para o baño e o marisqueo, ademais de incluír a construción do tramo de paseo marítimo actualmente inexistente entre Beiramar e Cambre e dous novos parque públicos en Culleredo e Oleiros.

Aproveitando a presenza da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, o alcalde reiterou a súa solicitude de rexeneración da praia do porto de Santa Cruz, que perdeu máis de 1,5 metros de profundidade de area. Esta situación non só impide un maior aproveitamento da praia para o baño senón que tamén incrementa a desprotección da estrutura do paseo marítimo ante os temporais.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!