Carral extende o seu saneamento a San Vicente de Vigo

Gestal destaca a importancia desta obra, que vai no camiño de dotar de saneamento a todo o municipio

O compromiso do alcalde, Javier Gestal, de dotar a todas as parroquias deste servizo está facéndose realidade con esta obra que se realiza en San Vicente de Vigo.

Neste momento está executándose a obra en Balbén e proximamente decorrerá polos núcleos de Ameás, Parapar e Abrigosa, segundo informa o municipio con goberno municipal de Alternativa dos Veciños.

A obra forma parte da folla de ruta do goberno local encabezado por Gestal. O propio alcalde destacou tras a visita ao comezo das obras que “a implantación do saneamento en todo o municipio é un dous nosos obxectivos principais desde que entramos no goberno. E con esta actuación estamos máis preto de facer realidade unha demanda histórica dos veciños e veciñas”.

“Desde ou ano 2010 a depuradora de San Vicente xa estaba en funcionamento e, con gobernos anteriores, non se realizou ningún tipo de actuación de saneamento na zona. Agora, despois de que este goberno local levase a cabo a primeira fase, damos comezo a esta segunda que é un pasiño máis para facer realidade ou noso obxectivo de facer chegar ou saneamento a todas as parroquias de Carral”, dixo o rexedor.

Link á noticia do Concello de Carral.

Comparte esta nova!