No ano 2020 a alcaldesa Victoria Portas comezou unha política de accesibilidade , coa colaboración con asociacións do concello e outras entidades para conseguir dita accesibilidade.
Era prioritario traballar na idea de incorporar a posibilidade de unha plena accesibilidade de todas as persoas con mobilidade recudida e cognitiva aos nosos areiros, asegurar a provision e a disposición dun sistema que garante a actividade de baño do mar a todas as persoas.
Comezouse coa accesibilidade en 3 areais e en dous anos conseguiu a accesibilidade universal en 4 dos areais ( Rodeira, Nerga, Areabrava e Areamilla) e a accesibilidade básica ( silla anfibia, socorristas e rampas) Liméns e Menduiña.
Hoxe denunciamos, a principios de xullo, que o Goberno actual non soamente é incapaz de izar as bandeiras azuis, de ter os socorristas nos areais, senón que ademáis non despregou nin un só medio de accesibilidade nos areais nos que existía unha maior demanda deses medios.
Isto demostra a pouca implicación de todo o goberno en cuestión de seguridade e accesiblidade no noso concello. O que queremos denunciar o noso total rexeitamento a este tipo de xestión.