A mellora na Praza Fernando Buesa, a renovación do Paseo dos Templarios, a instalación de accesibilidade en Lendoiro – A Barcala- e a mellora da pista deportiva do Temple son obras aprobadas entre o 2021 e 2022 que non verán a luz.
Dende o 2022 nin o anterior goberno de Cambre, formado por Unión por Cambre e o PSOE, nin o actual, foron capaces a xestionar os 697.760 euros adxudicados e aprobados pola Deputación da Coruña.
O grupo lamenta que “a desastrosa xestión de Unión por Cambre, ten abocado como se pode ver, ao Concello ao caos total. Non se pode seguir culpando aos funcionarios da falta de xestión, nin presentar mocións e propostas que durante os seus 10 anos de goberno non foron quen de levar a cabo, como foi o caso no pago das subvencións ás asociacións.”
Dende o grupo provincial Alternativa dos Veciños vaise solicitar que esas subvencións perdidas sexan incluídas no vindeiro Plan Provincial xa que é un dereito do Concello de Cambre.