Ten Cambre un plan para a desescalada?
As medidas que se levaron a cabo durante o confinamento polo Goberno cambrés non destacan moito do que pasou nos concellos da contorna.
Medidas que chegaron tarde, copiadas ou apropiadas das propostas dos grupos da oposición. E agora vén a desescalada. Vai pasar o mesmo?
Desde Alternativa somos conscientes da excepcionalidade da situación que estamos a vivir. Pero van xa case dous meses e estamos nun punto que xa debería notar unha forte actividade organizativa na xestión municipal.
Que medidas se van a tomar? Vaise esperar a que publiquen os concellos da contorna para copialas? A que cheguen as propostas dos grupos da oposición para poñelas a funcionar?
Déixense de populismo, fotos e titulares para as festas e póñanse a traballar e xestionar o concello xa.