Sobre Nós

Alternativa dos Veciños é un grupo político independente nacido do movemento veciñal de Oleiros. Somos un grupo singular e distinto. As decisións principais, así como os procesos de elaboración das listas electorais, determínanse a través de asembleas e procesos democráticos abertos a toda a cidadanía.

Non temos carnés nin cotas de afiliación; non estamos supeditados a ningún ideario político encasillado no espectro político actual. Somos abertos, respectuosos co ideario político de cada quen, pero iso sí: somos profundamente progresistas e defensores do ser humano, e consideramos que os dereitos humanos non teñen fronteiras nin muros, nin teñen por que ter voces que se autoelixen xuíces que deciden quen ten dereito a comer, e quen non; quen ten dereito a vivir, e quen non; que pobo pode ser soberano e que pobo ten que vivir sometido ós grandes poderes que destrúen o mundo.

Desde o ano 1979 gobernamos o Concello de Oleiros cunha política honesta e eficiente que permite que os veciños do municipio gocen dos maiores niveis de benestar e servizos públicos de toda Galicia. Tamén estamos presentes no Concello de Culleredo e na Deputación da Coruña, onde malia non gobernar estamos a mudar moitas das políticas que se levaban a cabo ata a nosa chegada. Ademais, aspiramos a formar parte doutras corporacións da comarca da Coruña para aplicar o noso modelo de xestión e mudar as desfeitas e falcatruadas realizadas por uns e outros.

A través dunha xestión política seria e rigorosa, baseada nunha ideoloxía clara, Alternativa dos Veciños converteu Oleiros nun municipio cuns niveis de benestar moi elevados. O Concello conta con numerosos equipamentos e instalacións deportivas, culturais e sociais; milleiros de metros cadrados de zonas verdes, parques, paseos marítimos e espazos públicos de todo tipo; o urbanismo desenvolvido tamén destaca pola súa sustentabilidade e o seu respecto polo medio ambiente; e o sistema de prestacións sociais garante a igualdade de todas as persoas e a atención a maiores e dependentes.

Organigrama

Formada polos simpatizantes de Cambre, reúnese varias veces ao ano para abordar as inquedezanas, necesidades e problemas do municipio. Ten capacidade para convocar asembleas locais.

Asembleas informativas abertas a todos os veciños do municipio.

Alternativadosvecinos-AngelGarciaSeoane
Angel García Seoane
Presidente
Mª José Varela Neira
Vicepresidenta
Felipe Louzán Lago
Secretario Xeral
Alternativadosvecinos-MargaFigueroa
Marga Figueroa Vazquez
Secretaria Comunicación
J. Antonio Franqueira Becerra
Tesoureiro
José M. Díaz
Vocal
José Luis Viñal
Vocal
Alternativadosvecinos-JaimeRumbo
Jaime Rumbo
Vocal
Montserrat Méndez
Vocal
Juan F. Martínez
Vocal
Julia González
Vocal
Manuel Sánchez
Vocal
Blanca de Ceanovivas
Vocal
Narciso Marzoa
Vocal
Andrés Sánchez
Vocal
Susana Guimarey
Vocal
alfredo
Alfredo Novoa Gil
Presidente de honra
ASEMBLEA_XERAL_XULLO_2018_3

Aberta á participación de calquera cidadán, decide as cuestións máis relevantes do grupo, previa convocatoria da Comisión executiva.

Cargos Públicos

g1
Angel García Seoane
Deputado Provincial
farina
Juan Antonio Fariña Pedreira
Concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente
babio
Eloy Babío Veiga
Concelleiro de Servizos Municipais