[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Basta xa de cementar o territorio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños está en contra das modificacións puntuais sucesivas das normas subsidiarias do Concello de Cambre aprobadas no 1994 e na actualidade totalmente obsoletas.
As normas subsidiarias non se axustan a Lei 1/1997, nin á lei 9/2003, nin á lei 2/2016 do solo de Galicia, polo que se pode incorrer en caso de nulidade de pleno dereito do artigo 47 da Lei do 2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao prescindir do procedemento legalmente establecido. Cando ten a obrigación de tramitar un Plan Xeral para o municipio, que leva anos en tramitación e non se da aprobado, obviando nos documentos ata a actualidade presentados do Plan Xeral as modificacións puntuais que o Concello está a tramitar.
O proceder do Concello de Cambre supón unha vulneración do artigo 83.3 da Lei 2/2016 que “entende por revisión do planeamento xeral a adopción de novos criterios respecto á estrutura xeral e orgánica do territorio ou a clasificación do solo, motivada por un modelo territorial distinto por aparición de circunstancias sobrevidas, de carácter demográfico ou económico, que incidan substancialmente sobre a ordenación ou polo esgotamento da súa capacidade.
Dende o 1994 ata o 2020 Cambre tivo unha transformación económica, demográfica e de territorio que obriga á formulación dun Plan Xeral. Con estas modificacións puntuais e obsoletas están a cubrirse e amparando a non formulación do Plan Xeral.
Cambre necesita espazos libres, zonas verdes e equipamentos comunitarios públicos que solo a través do Plan Xeral pode ser posible.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]