A asemblea de Nós elixe a Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz para a candidatura

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A asemblea de Nós elixe a Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz para a candidatura

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Veciños e veciñas de Nós participaron na asemblea celebrada na Casa do pobo para escoller aos candidatos da parroquia para a lista electoral de Alternativa dos Veciños. Belén Taboada Casal, Antonio Molinos Marcote e Óscar Brandariz Santiso foron os candidatos elixidos.

A representante local na executiva, Julia González, presentou á asemblea aos tres candidatos escollidos, que foron propostos previamente pola comisión de seguimento da localidade. O presidente Ángel García Seoane destacou que este sistema de elección leva realizándose 44 anos que permite escoller persoas de valía co aval dos seus veciños.

Belén Taboada Casal (1971) é a actual concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Desde a súa xuventude é unha persoa estreitamente ligada ao movemento veciñal, formando parte de distintas entidades sociais, deportivas e culturais de Nós. É administrativa e comercial de profesión.

Antonio Molinos Marcote (1967) é o concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente. Foi xogador do Deportivo da Coruña e 16 anos vinculado ao club de fútbol Atlético San Pedro como adestrador, directivo e director deportivo. É delineante industrial.

Óscar Brandariz Santiso (1975) é técnico de fontanería e calefacción. Naceu nunha familia moi involucrada no movemento veciñal e desde sempre participou na vida social de Nós, amosando unha grande conciencia polo seu pobo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!