A asemblea de Liáns elixe a María José Santos, Marta Martínez, Ramón Maceira e Fernando Grela para formar parte da candidatura de Alternativa

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A asemblea de Liáns elixe a María José Santos, Marta Martínez, Ramón Maceira e Fernando Grela para formar parte da candidatura de Alternativa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Máis dun cento de veciños e veciñas de Santa Cruz e Montrove participaron na asemblea celebrada no teatro das Torres para escoller aos candidatos de Liáns para a lista electoral de Alternativa dos Veciños. Presentáronse 6 persoas polo que para elixir aos 4 candidatos houbo que celebrar unha votación.

Resultaron elixidos María José Santos, Marta Martínez, Fernando Grela e Ramón Maceira; que obtiveron un maior apoio que Juan Font e Adrián Remuiñán.

O secretario xeral, Felipe Louzán, e o tesoureiro, Antonio Franqueira, explicaron o proceso de asembleas que está a desenvolverse por todo o municipio que ten como obxectivo presentar unha lista electoral con persoas capaces, honestas e avaladas polos seus propios veciños. Pola súa parte, o presidente Ángel García Seoane, destacou a singularidade deste tipo de asembleas, únicas no panorama político, e eloxiou o traballo desenvolvido por María Esther Garrido Pan actual concelleira de Cultura que non se presentará ás eleccións logo de toda unha vida defendo o proxecto político da Alternativa de maneira brillante.

María José Santos Zas (1972) é a actual concelleira de Ensino e Xuventude. Avogada, no movemento estudantil, desde nena participou en distintas entidades sociais do municipio e máis recentemente formou parte da ANPA Bidueiro do Colexio Isidro Parga Pondal.

Marta María Martínez Martínez (1966) é concelleira de Sanidade e Consumo. Foi e segue sendo unha muller moi vencelleda ás actividades sociais de Montrove.

Ramón Maceira Giadanes (1975) é carpinteiro e músico. Colaborou coa comisión de festas de Santa Cruz e é integrante da banda da Escola Municipal de Música de Oleiros.

Fernando Grela Temprano (1983) é licenciado en INEF. Traballou no Servizo Municipal de Salvamento e Socorrismo durante varios veráns e actualmente traballa nos complexos deportivos municipais.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!