Alternativa de Arteixo celebrará o martes unha asemblea aberta coa veciñanza de Sorrizo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo celebrará o martes unha asemblea aberta coa veciñanza de Sorrizo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo celebrará o vindeiro martes, ás 21 horas no parque infantil de Sorrizo, unha asemblea aberta coa veciñanza da parroquia de Sorrizo, para entre outros asuntos, falar cos veciños dos problemas que lles está ocasionando a recente peonalización do tramo de carretara entre o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro.

“Escoitamos e falamos cos veciños e veciñas de todas as parroquias, xa que eles saben mellor que ninguén cales son as necesidades nas súas parroquias. Isto é algo que tamén debería de facer o equipo de goberno antes de tomar decisións erróneas, que logo terminan provocando problemas á veciñanza” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Xa que non queren escoitar á cidadanía, polo menos poderían dignarse a atender as solicitudes e demandas que presenta Alternativa dos Veciños, xa que nós si que estamos a diario na rúa, escoitando e falando con todos os veciños e veciñas” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!