Apróbase o pago da sentenza de Villa Melania

O pleno extraordinario celebrado hoxe concluíu coa aprobación dun modificativo extraordinario de crédito que permitirá facer fronte ao pagamento da sentenza de case 1,3 millóns de euros imposta ao Concello.


Alternativa optou por votar abstención, priorizando os intereses do Concello e impedindo posibles consecuencias sancionadoras ou custos adicionais derivados dunha posible demora no retraso da sentencia.

O debate centrouse en dúas propostas: por unha banda, a presentada polo goberno municipal mediante un modificativo extraordinario de crédito, e doutra, a do BNG, que apostaba por vincular o pago á negociación dos orzamentos.

Alternativa demandou durante o pleno a opinión técnica do interventor accidental- presente na sesión-, quen confirmou que a vía máis rápida e efectiva para cumprir a sentenza era a proposta polo goberno. Explicación que condicionou definitivamente o voto de Alternativa dos Veciños.

Comparte esta nova!