Alternativa solicita que o concello asuma o 50% das obras de instalación de acometida á rede de auga e a de sumidoiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita que o concello asuma o 50% das obras de instalación de acometida á rede de auga e a de sumidoiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita que o concello asuma o 50% do custo das obras de instalación de acometida a rede de auga municipal e a rede de sumidoiros, para que toda a veciñanza poida contar con estes servizos básicos e de primeira necesidade.

No Concello de Arteixo contamos cun alto número de vivendas que a día de hoxe aínda non contan con enganche á rede municipal de auga nin tampouco á rede municipal de sumidoiros. En moitos núcleos nin tan sequera están realizadas as obras de saneamento nin de abastecemento para que as vivendas poidan dispoñer destes servizos. Despois, noutros núcleos nos que si están realizadas estas obras, non poden dispoñer dos mesmos debido ao alto custo que lle supón aos veciños as obras de enganche á rede.

En Alternativa dos Veciños, entendemos que no ano 2020 e nun concello como Arteixo, que dispón de potencial e recursos suficientes, débese facilitar a toda a veciñanza o acceso a uns servizos que son básicos e de primeira necesidade.

Por iso, Alternativa demanda ó equipo de goberno unha regulación onde o concello asuma o 50% do custo, reuníndose coa veciñanza que ten a posibilidade de dispoñer do servizo, así como a realización dun estudo para a proxectar as obras de saneamento e abastecemento en todos aqueles núcleos que aínda non dispoñen destas redes de servizos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!