Alternativa de Arteixo solicitará á Deputación que rectifique a senda peonil na estrada Rorís-Anzobre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicitará á Deputación que rectifique a senda peonil na estrada Rorís-Anzobre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitará á Deputación da Coruña que solucione canto antes as aberracións cometidas na construción da senda peonil na estrada DP-0507 que conecta os núcleos de Rorís e Anzobre, xa que é un auténtico escándalo que se finalice a obra nas condicións nas que se fixo. O deputado provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, xunto con membros de Alternativa de Arteixo, estiveron a ver a obra e falando con veciños e veciñas da zona.

O deputado de Alternativa solicitará á Deputación que solucione as aberracións cometidas na construción da senda peonil na estrada DP-0507 que conecta os núcleos de Rorís e Anzobre. Tamén solicitará a consulta do expediente da citada obra por se puidesen existir posibles irregularidades

“Parece incrible que se proxecte unha obra coa intención de mellorar a seguridade viaria e logo na execución déixense uns estreitamentos que provocan un serio risco para a mesma. Onde existe unha ponte no canto de acondicionar debidamente para que os vehículos poidan circular, pois collen e fan un entrante eliminando un dos carrís. A obra é un autentico desastre e estou seguro que quedará reflectida para a historia nalgún libro de chapuzas. Esta obra realizábase para mellorar a seguridade viaria nun tramo perigoso e no que existen numerosas vivendas, pero á vista está que o que se fixo foi unha autentica chapuza sen precedentes” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!