[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños solicita á alcaldesa da Coruña que escoite aos traballadores da limpeza viaria
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Comité de Empresa do servizo de limpeza viaria da Coruña reuniuse co deputado provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, no edificio principal da Deputación da Coruña. Os representantes dos traballadores expuxeron a situación que están a padecer ante a negativa da empresa que presta o servizo de limpeza viaria no Concello da Coruña á revisión salarial axustada ao IPC, pactada no mes de maio.
Os traballadores do servizo de limpeza viaria da Coruña están sen aumento salarial desde o 2019. A nova empresa FCC, que asumiu o contrato de limpeza viaria, non respecta os pactos asinados polo comité de empresa coa empresa ante AGA, o 6 de maio de 2021. Ademais, o Comité de empresa de Prezero Cespa demanda máis seguridade para a maquinaria, xa que actualmente están a traballar con camións de máis de 27 anos, o que supón un incumprimento do prego de condicións e unha grave risco para a seguridade dos traballadores.
Ante esta situación, o Comité de Empresa solicitou varias veces unha reunión cos responsables do Goberno municipal da Coruña, e de continuar sen ser recibidos convocarán unha nova folga. O Comité de Empresa manifestou estar aberto a dialogar, sempre e cando se escoiten as súas demandas, e se chegue a unha solución pactada.
Desde Alternativa dos Veciños cremos que é unha obriga do Goberno municipal escoitar as demandas laborais, dado o incumprimento das bases do contrato, tanto de salarios como de material e transporte de lixo.
Alternativa dos Veciños dirixirase á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, para que escoite ao Comité de Empresa e se poida evitar unha folga á que os traballadores teñen dereito, pero que non beneficia a ninguén, nin aos traballadores quen vén minorado o seu salario nin aos cidadáns da Coruña que teñen que soportar as incomodidades e problemas de hixiene derivados da acumulación de lixo nas rúas.
Alternativa dos Veciños, que representa a máis de 3.000 votantes da cidade, espera que prevaleza o consenso para evitar os males denunciados.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]