vixoi

Alternativa de Bergondo satisfeita coa contratación da ampliación da estrada de Vixoi

Alternativa dos Veciños de Bergondo quere expresar a súa enorme satisfacción porque a Deputación Provincial da Coruña vén de sacar a licitación as obras de ampliación e mellora das DP0801, entre o centro social de Vixoi e Cortiñán. Lembremos que conxuntamente a esta actuación o Concello de Bergondo dotará de saneamento e nova iluminación a esta zona.

Estamos seguros, ademais, de que a satisfacción de Alternativa é compartida polo 99% dos veciños e veciñas de Vixoi. As controversias pasadas acerca do proxecto e quen as fomentaban teñen sido claramente derrotados pola racionalidade e o sentido común da maioría.

Novas relacionadas