pista chamin

Alternativa reclama reparacións na pista multideporte de Chamín

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno o saneamento e reparación da pista multideporte de Chamín, o seu mobiliario, así como accesos e contorna da mesma.

A pista multideporte de Chamín atópase nun estado lamentable, froito da falta da realización dos diferentes tipos de mantemento. Os accesos e arredores da pista atópanse abandonados, as canastras esnaquizadas, a rede das porterías rota, algunhas madeiras que bordean a pista están desencaixadas e as mesas que se atopan á beira da pista coa madeira dobrada. Tamén, é necesario colocar rede no lado da pista que dá á estrada, xa que os balóns saen cara á mesma e poden provocar un accidente.

Por isto, Alternativa solicita ao equipo de goberno que proceda a realizar as reparacións pertinentes, e que logo, realice os diferentes mantementos cando corresponda para mantela en condicións óptimas.

Novas relacionadas