Alternativa propón un estudo para mellorar as parroquias de Cambre
Alternativa dos Veciños participa no programa municipal “Decidámolo Xuntos” para propoñer un estudo das parroquias e facer futuras melloras nelas.
Unha das demandas veciñais que Alternativa recolle habitualmente é que non se coñece o traballo que se fai nos diferentes departamentos municipais. Tamén as importantes diferencias entre os investimentos que dende o Concello se fai no rural e no urbano.
Alternativa propón que cada Departamento municipal audite, dun modo organizado e estruturado, a situación real e actual dos servizos e infraestruturas existentes en cada parroquia. Esta proposta permitirá establecer prioridades á hora de realizar futuros orzamentos.
Alternativa tamén inclúe na proposta que os resultados finais sexan públicos para aproximar a Administración local á veciñanza.