Alternativa pretende realizar unha auditoría do Concello de Arteixo
Alternativa dos Veciños pretende realizar unha auditoría económica do Concello de Arteixo para coñecer o situación actual na que se atopa a administración local. Esta será unha das primeiras accións que pretende impulsar a candidatura que encabeza Antonio Patiño a partir da formación da nova corporación.
“Queremos levantar alfombras e abrir fiestras. Cremos que hai cousas que non están facendo ben e por iso é tan importante coñecer o estado no que se atopa o Concello”, dixo o candidato Antonio Patiño.