Alternativa preocúpase de que os autobuses se adapten mellor aos horarios dos estudantes

DSC_0449 (2)

Alternativa preocúpase de que os autobuses se adapten mellor aos horarios dos estudantes

Juan Fariña, concelleiro de Alternativa en Bergondo, quere reunirse coa alcaldesa de Betanzos para facer presión ante a Xunta e adecuar mellor os horarios.

A falta de adecuación dos horarios de autobuses que atravesan Bergondo cara a Betanzos e que serven de medio de traslado a alumnas e alumnos dos institutos da cidade do Mandeo é un grave problema do que o concelleiro da Alternativa en Bergondo Juan Fariña quere falar coa alcaldesa de Betanzos. É importante que, aínda que os concellos non teñan competencia directa neste tipo de transporte comarcal, sirvan de plataforma para poñer na axenda informativa este tipo de problemas e exercer a presión necesaria para provocar unha mellora no servizo.

Fariña, concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente solicitou formalmente ver á alcaldesa brigantina, xa que “é o momento de que todos os concellos afectados e as distintas formacións políticas da comarca nos poñamos as pilas con relación a este problema e tentemos exercer a presión que a Xunta merece por culpa da súa inacción. É momento da aparcar as siglas e o cálculo electoralista e tentar resolver o problema, xusto o que nos reclama a cidadanía a todos nós”.

Novas relacionadas