OLEIROSSSSS

Alternativa dos Veciños pide o voto para consolidar o nivel de benestar e a calidade de vida no Concello de Oleiros

A pasada medianoite comezou a campaña das eleccións municipais. Alternativa dos Veciños preséntase no Concello de Oleiros co obxectivo de conseguir unha maioría absoluta que permita consolidar os elevados niveis de benestar e calidade de vida existentes grazas á xestión municipal de Alternativa dos Veciños durante os últimos 40 anos.

Con Ángel García Seoane como candidato, Alternativa pretende crear novas infraestruturas públicas e servizos, ademais de conservar os xa existentes, para facerlle a vida máis agradable a todos os veciños e veciñas do municipio. Outro dos grandes retos é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso da ampliación da ponte da Pasaxe ou do túnel en Sol y Mar.

O primeiro acto da campaña será a Cea fría que se celebrará en Dorneda. Está programado para hoxe venres, ás 21:00 horas, na pista polideportiva de Rialta.

Novas relacionadas