Alternativa pide o voto en Culleredo para un futuro de progreso no municipio

WhatsApp Image 2023-05-20 at 19.45.55 (1) (1)

Decenas de persoas participaron no acto central de campaña de Alternativa dos Veciños en Culleredo. Interviron os número 3 e 2 da candidatura, Sandra Marzoa e Miguel Fraga, a candidato á alcaldía de Culleredo Thais Palla e o presidente do partido Ángel García Seoane.

“Presentámonos ás elección para mellorar Culleredo. A necesidade de dispoñer dun plan de urbanismo; o fortalecemento das políticas sociais e da participación veciñal; a posta en marcha de novas actividades e iniciativas educativas complementarias á formación curricular; posta en marcha de máis actividades de envellecemento activo e mellorar os servizos de axuda no fogar; apostar por unha igualdade real que, entre outras cousas, garanta a conciliación das familias; creación de espazos públicos e equipamentos para un ocio san da xuventude; a promoción da cultura… son os grandes retos que debemos abordar para mellorar a calidade de vida no noso concello”, dixo a candidata Thais Palla.

Novas relacionadas