Alternativa pide o voto en Carral para acadar unha maioría que permita gobernar con garantías

WhatsApp Image 2023-05-26 at 19.35.14 (1) (1)

Máis de 200 persoas participaron no acto de peche de campaña de Alternativa dos Veciños en Carral. Interviron os número 4 e 2 da candidatura, Javier Lendoiro e Susana Guimarey,  o alcalde e candidato Javier Gestal e o presidente do partido, Ángel García Seoane.

Javier Gestal pediu o voto aos seus veciños e veciñas para acadar unha maioría absoluta que permita gobernar coa garantía e serenidade de poder levar adiante os proxectos que necesita o municipio. Ademais de acabar coa débeda do Concello herdada da nefasta xestión do PP do señor Mouriño, os principais obxectivos de Alternativa serán a construción dunha nova depuradora de augas residuais e a creación de redes de sumidoiros nas distintas parroquias, así como aprobar definitivamente o Plan Xeral de urbanismo e buscar unha solución ás decenas de pisos que están paralizados en mans da SAREB no centro da vila, que deberíanse dedicar a vivendas de protección pública.

 

Novas relacionadas