Alternativa pecha a campaña reivindicando a política de proximidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros e candidato á reelección pechou en Perillo a campaña de Alternativa dos Veciños prognosticando que o domingo “milleiros de margaridas aflorarán en toda a comarca da Coruña, Fisterra e Cangas” pese á campaña de desprestixio que algún medio de comunicación artellou contra a formación: “A presenza da Alternativa ten desquiciados aos nosos opositores”, dixo Ángel García Seoane ante as preto de 1.000 persoas que se xuntaron na cea fría de Perillo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Resaltou unha das principais bazas da formación: ser un partido distinto e singular, municipalista, “con persoas honradas que só queremos o mellor para os nosos pobos e as súas xentes”, proclamou antes de dicir que “confiamos nos nosos proxectos e presentámonos a estas eleccións limpos e sen ánimo de lucro persoal”, dixo Gelo reivindicando ese xeito xenuíno e desinteresado de participar na política de proximidade e compromiso cos municipios.

Botando man dos principios máis clásicos da Alternativa, García Seoane dixo que Oleiros pode converterse en inspiración para outros concellos: “Imos levar a cabo unha revolución pacífica para democratizar e sanear os municipios que en lugar de servir aos Veciños, sérvense deles. Queremos rematar coas políticas caciquís que venden como favores os dereitos da cidadanía”.

“Queremos abrir de par en par as portas e as fiestras dos concellos para enchelos de aire fresco. Imos levantar todas as alfombras e pasar as aspiradoras para rematar con todas as corruptelas que esconderon debaixo delas”.

A nivel local aproveitou para falar dalgunha das ideas forza do programa da Alternativa, como son as infraestruturas: loitar por ampliar a ponte da Pasaxe e Alfonso Molina, por completar a Vía Ártabra, por avanzar na configuración e financiamento da Artabriña, realizar unha nova política de vivenda, comunicar os polígonos industriais, mellorar o transporte público ou seguir xerando sendas e paseos para completar a malla peonil e ciclista do territorio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!