Alternativa loitará pola conexión dos paseos costeiros de Oleiros e Cambre

Parque e Paseo de O Paraiso-4263 (1) (1)

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños realizará todas as xestións necesarias para que a Dirección Xeral de Costas non finalice as obras de dragado sen conectar o paseo da ría, desde Beiramar ata Cambre. Non é de recibo que nunha obra pública de tal envergadura se cree unha nova zona verde de 20.000 metros e vaia quedar sen acceso.

“O paseo marítimo debe continuar desde Beiramar ata Cambre, refacendo os muros existentes e aproveitando os que xa están feitos. Nós imos estar aí pelexando para que esta obra que queren ultimar no mes de decembro recolla, como mínimo, o acceso de Beiramar ata a nova zona verde que se está creando”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas