[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo lanza a campaña #ComprometidosCoaDiversidade para fomentar a inclusión social
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo lanza a campaña “#ComprometidosCoaDiversidade” para fomentar a inclusión de todas as persoas na sociedade, xa que a diversidade non debe ser un problema, senón unha oportunidade para o enriquecemento da sociedade.
Alternativa dos Veciños pon en marcha a campaña “Comprometidos Coa Diversidade” para fomentar a inclusión e co propósito de axudar a superar discriminacións e estereotipos, implicando e concienciando á cidadanía na defensa dos dereitos e liberdades de todas as persoas.
“Non se pode tolerar que unha persoa sufra discriminación, violencia verbal ou física por razón de raza, orientación sexual, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Débese educar e traballar intensamente para concienciar a toda a sociedade de que a diversidade non é un problema, senón unha oportunidade para o enriquecemento da sociedade. Que o natural é ser diverso, como o é a propia natureza” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.
“Non podemos permitir e aceptar que existan formacións políticas que estean constantemente dicindo barbaridades e promovendo o racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia. Debemos dicirlle e demostrarlle que non teñen espazo na nosa sociedade” matiza Noelia Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]