Alternativa dos Veciños resalta a figura de don Ricardo Carvalho Calero
O Día das Letras Galegas deste ano está dedicado ao ilustre profesor don Ricardo Carvalho Calero. A pandemia do coronavirus non pode eclipsar a relevancia dunha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.
Carvalho Calero foi un loitador incansable, un traballador pola nosa lingua e a nosa literatura e unha das persoas que máis ten reflexionado sobre a situación lingüística. Don Ricardo segue a ser unha das persoas que máis se ten preocupado polo futuro da lingua, pola súa normalización e a súa normativización.