Nos últimos meses, detectouse un aumento no número de incidentes e accidentes de tráfico nesta zona. O patrón recorrente de accidentes pon en perigo a integridade dos bens da veciñanza- con numerosos vehículos estacionados afectados- pero tamén xera unha profunda preocupación pola seguridade das persoas.
Alternativa propón diferentes medidas que se poderían implementar segundo o resultado que arroxe o estudo previo. Tales como instalar radares de control de velocidade, mellorar a sinalización, instalar elementos de redución de velocidade, reforzar a iluminación ou reordenar o tráfico ou crear novas infraestruturas peonís.
Thais Palla subliña a urxencia de que o Concello de Culleredo actúe con urxencia e manteña a, comunicación necesaria coas administracións competentes. Confía, ademais, en contar co apoio unánime de todos os grupos municipais.