Alternativa esixe a reactivación das actividades adaptadas á situación actual

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa esixe a reactivación das actividades adaptadas á situación actual

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Veciños e veciñas de Cambre non comprenden a información contraditoria por parte do goberno municipal. Que tralo anuncio da cancelación de todas as actividades, nos días posteriores celebraron algunhas delas.

Nada se sabe dos programas de actividades municipais, que son un servizo imprescindible para a poboación e máis na actualidade xa que dan traballo a moitas persoas que viven en Cambre, facilitan a conciliación, o acondicionamento físico para todos os petos e idades, achegan a cultura, alternativas de ocio saudable para a xuventude e un longo etcétera.

Agora xa eliminadas algunhas das restricións, dende Alternativa esiximos que sexan activados ditos programas coas adaptacións pertinentes ás necesidades xurdidas nesta nova “normalidade”. Non apoiamos a pasividade do goberno municipal na falta de previsión e impulso deste tipo de servizos.

Para Alternativa, en paralelo con esta petición, tamén se esixe a apertura dos rexistros sen cita previa para facilitar as inscricións nas mesmas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!