Alternativa dos Veciños Sada solicitará unha entrevista cos propietarios da Terraza

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños Sada solicitará unha entrevista cos propietarios da Terraza

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Actualmente existen fondos do Goberno Central para adicar ao Patrimonio, unha oportunidade que Sada non pode deixar escapar á hora de rehabilitar o edifico máis representativo da cidade.

Á agrupación de Alternativa dos Veciños Sada preocúpalle o grave deterioro que está a sufrir o edificio, e actual Ben de Interese Cultural, da Terraza, onde a madeira desta senlleira construción está a podrecer poñendo en risco a toda a estrutura do inmoble. Por iso, o presidente de Alternativa dos Veciños e actual deputado provincial, Ángel García Seoane, interesouse por este asunto na súa última reunión ca Dirección de Costas onde informáronlle que, na actualidade, estase a tramitar a extinción da concesión cos actuais propietarios. Mentres ten lugar este proceso, para o presidente de Alternativa dos Veciños é urxente manter unha reunión cos actuais propietarios para atopar a solución máis favorable para todas as partes e así poder proceder canto antes na execución dun plan de rehabilitación do edificio para o cal, actualmente, existen fondos do Goberno Central para investir en Patrimonio, unha oportunidade que Sada non debe deixar ir se quere que o edificio máis emblemático do pobo luza coa intensidade que merece.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!