[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños reclama celeridade a Fomento
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa levará ao pleno ordinario de marzo unha moción para esixir ao Ministerio de Fomento que desbloquee e acelere o proxecto de glorieta no cruce coa estrada de Ferrol en Guísamo.
Alternativa presenta para debate e aprobación no vindeiro pleno do día 25 unha moción encamiñada a lograr a complicidade do resto de grupos políticos e poñerlle as cousas claras ao Ministerio de Fomento en relación coa obra, eternamente pendente, da rotonda no perigoso cruce da estrada NVI coa AC164 en Guísamo. Proporemos ao resto de compañeiros e compañeiras de corporación sumarse a un escrito no que manifestamos o noso profundo descontento e rexeitamento coa falta de compromiso do ministerio para acometer as tan necesarias obras para suprimir o TCA (Tramo de Concentración de Accidentes de Guísamo), onde so o ano pasado se rexistraron máis de 27 incidencias relacionadas co trafico, algunhas con feridos graves.
Tamén buscamos a adhesión do resto de formacións de Bergondo para programar de xeito conxunto -e se esta situación de bloqueo se mantén- un calendario de protestas públicas para os vindeiros meses.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]