[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta a denuncia ante a fiscalía pola construción da polideportiva de Anceis
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou hoxe ante a Fiscalía unha denuncia pola construción dunha polideportiva cuberta en Anceis sen licenza municipal, en solo rústico e sen planeamento aprobado. Ademais da denuncia presentada polo Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre polo posible delito que está a cometer o Goberno local na xestión urbanística, o voceiro de Alternativa en Cambre sumouse tamén á presentada por todos os voceiros e voceiras dos grupos da oposición: Esquerda Unida, PP, BNG e Ciudadanos.
A denuncia ante a fiscalía vén dada polas presuntas irregularidades na construción da polideportiva de Anceis. A adquisición do solo realizouse mediante unha escandalosa permuta sobrevalorando economicamente un monte clasificado como solo rústico. A certificación final da obra non reflicte a realidade, pois o que ía ser unha pista polideportiva cuberta e é un polideportivo totalmente pechado. Ademais existe un presunto delito de ordenación do territorio e o urbanismo, xa que todo apunta a que se promoveu e autorizou obras de edificación nun terreo rústico.
Tamén se produciu unha presunta falsidade documental xa que o Plan Especial aprobado no pleno do pasado xoves 31 de xaneiro, non recolle as obras, presentando planos baleiros de obra e fotos nas que non aparece o polideportivo. Foi precisamente a aprobación do Plan Especial no pleno a gota que colmou o vaso para levar este caso á fiscalía e frear a política urbanística que se está a levar a cabo en Cambre por parte do Goberno municipal.
Esta non é a primeira actuación conxunta de Alternativa dos Veciños de Cambre cos demais grupos da oposición. No mes de outubro todos os grupos acordaron esixirlle ao Goberno municipal un informe para avaliar e tomar as medidas de seguridade pertinentes na obra da praza 1º de maio, na Barcala.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]