Habilitaremos un CENTRO DE DÍA para os nosos maiores en Bergondo. É imprescindible e é de xustiza para a calidade de vida dunhas persoas que o deron todo por nós. “Cantas veces non teremos falado deste asunto coa actual (e axiña ex) alcaldesa!! Pero ela non cre en algo tan sumamente importante. Vislumbra tal posibilidade como algo remoto e inalcanzable. Nada máis lonxe da realidade”, dixo o candidato Juan Fariña.
Reforzaremos o SAF (Sevizo de axuda no fogar) no noso concello. Ten carencias e non alcanza a atender con calidade asistencial a toda a poboación que o precisaría.