Alternativa denuncia os estreitamentos na rúa Eduardo Pondal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denuncia os estreitamentos na rúa Eduardo Pondal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia os estreitamentos existentes na rúa Eduardo Pondal, onde mesmo non pode pasar un camión de bombeiros ou as ambulancias de maior tamaño.

Alternativa dos Veciños de Arteixo volve denunciar os problemas de circulación existentes como consecuencia de estreitamentos en diferentes rúas do municipio. O pasado luns foi o camión de bombeiros o que quedou atascado na Rúa Eduardo Pondal cando acudían a unha emerxencia.

“O que lle aconteceu o pasado luns ao camión dos bombeiros non é algo insólito, senón que é algo que sucede con frecuencia en diferentes rúas do municipio. Por suposto, xa non falemos da situación do centro de Suevos ou de Santaia de Chamín. Que se dean estas situacións no ano 2022 e co orzamento co que conta o concello de Arteixo, xa o di todo das persoas que dirixen e xestionan na casa do concello. Case setenta millóns de euros de orzamento e a maioría das rúas de Arteixo son pasadizos” apunta Noelia Martínez, Portavoz de Alternativa en Arteixo.

“En Arteixo contamos cun Goberno Municipal que só se preocupa por desenvolver dúas ou tres obras grandes durante a lexislatura, que por certo nin tan sequera son ben executadas, temos como proba o recente “Central Park” de Arteixo que en poucos meses converteuse nunha lagoa. Pero, no equipo de goberno ninguén se preocupa das cousas básicas e que son tan importantes para mellorar a calidade de vida dos veciños” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!